Marta Fernández-Tapias reúnese con representantes do Festival de Cans
18/12/2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de reunirse na Sede de Vigo da institución provincial co director e co coordinador de producións do Festival de Cans, Alfonso Pato e Juan Pablo González, respectivamente.
Na xuntanza cos responsables do festival, integrado na serie de eventos audiovisuais que promove a Deputación de Pontevedra baixo a marca Rías Baixas Film Fest, a vicepresidenta amosou a vontade de “traballar estreitamente con Cans, porque sabemos que é un dos grandes acontecementos de cinema do norte da península ibérica, que nos referencia fóra das nosas fronteiras, e avanzar, así, no noso obxectivo de sumar sinerxías e tender pontes co tecido cultural, en xeral, e audiovisual, en particular, da provincia”.