Rafa Domínguez mantivo unha reunión con representantes do Consorcio do Comercio do Salnés

13/11/2023

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, e o deputado de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos, Javier Tourís, mantiveron no Pazo provincial unha reunión con representantes do Consorcio do Comercio do Salnés, que reúne comerciantes de nove concellos da comarca.

O encontro serviu para escoitar as demandas do sector e nel tamén se abordou a necesidade de abrir novas vías de colaboración entre a institución provincial e o pequeno e mediano comercio a través de actividades dinamizadoras e de promoción económica.