A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o apoio da Deputación á vela na presentación do Campionato do Mundo Xuvenil das clases 49er, 49er FX E Nacra 17

30/04/2024

Presentación do  Campionato do Mundo Xuvenil das clases 49er, 49er FX E Nacra 17

A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa na presentación do Campionato do Mundo Xuvenil das clases 49er, 49er FX e Nacra 17, que terá lugar na ría de Arousa entre o 14 e o 21 de xullo coa participación de preto de 300 regatistas de máis de 140 equipos de 20 países. A vicepresidenta mostrou o seu “orgullo”, porque a provincia de Pontevedra sexa sede desta competición, que reunirá nas nosas augas aos mellores deportistas xuvenís do mundo destas tres categorías. “Probas como esta transcenden o ámbito puramente deportivo, e serven como fonde de dinamización económica do noso territorio, poñendo a esta provincia no centro do mapa”, asegurou.

Por iso, a responsable de Deportes quixo agradecer á Federación Galega de Vela “polo voso compromiso con esta provincia e co deporte náutico”, e remarcou que os seus esforzos “son compartidos co goberno provincial, porque consideremos fundamental manter un firme compromiso tanto co deporte como coas persoas e entidades que o impulsan”.