Rafa Domínguez asiste ao acto de presentación de equipos do Club de Baloncesto Arxil de Pontevedra
25/03/2025
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este martes no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ao acto de presentación dos 16 equipos que conforman o Club de Baloncesto Arxil. O responsable provincial, que lembrou a súa participación no recoñecemento médico do seu principal equipo o pasado ano, compartiu a xornada co club e trasladou os azos de todo o goberno provincial ante o seu recente descenso. Rafa Domínguez desexou que a xornada de presentación sirva para renovar os ánimos do club e que siga traballando para continuar a ser un dos máximos expoñentes do baloncesto de primeiro nivel na provincia.