Luisa Sánchez participa no Museo do Mar de Galicia no acto de presentación da Guía de Sostibilidade da Fundación Fish Nation

04/04/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, na inauguración do acto de presentación da Guía de Sostibilidade da Fundación Fish Nation.  O acto, que foi conducido polo xornalista Juan Caballero, contou coa intervención do presidente do padroado da Fundación Fish Nation, Eloy García, e a guía foi presentada polo director de Sostibilidade de Conxemar, Luis García, e polo director de negocio de Ambical, Andrés Pilas.

Sánchez felicitou aos promotores da guía por ser quen de “situar, unha vez máis, a Vigo e a provincia, como referente do sector da industria da transformación e comercialización de produtos do mar”. Neste eido, remarcou o feito de “liderar desde Vigo e para todo o mundo, a responsabilidade de defender aspectos estratéxicos que temos que abordar como primeira potencia en volume de pesca e terceira en número de buques pesqueiros; conceptos como a sostibilidade ambiental, a seguridade alimentaria, a equidade social ou a boa gobernanza”. Por estes motivos, tendeu a man do organismo provincial “para colaborar, defender e atender as necesidades deste sector económico que é un emblema para a provincia”. 

Galerias de imaxes