A vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, acompañada do deputado Javier Tourís, participa no acto de presentación da Carreira de Leo
01/09/2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acompañada do deputado provincial Javier Tourís, participou en Meis na presentación da I Carreira Solidaria de Leo, unha iniciativa da Asociación A Baralla para recaudar fondos para nenos con enfermidades raras, severas ou crónicas. A cita, que terá lugar no Mosteiro o 1 de outubro, celébrase en memoria do pequeno Leo Diz, falecido a finais do pasado ano a consecuencia dunha destas enfermidades.
Na súa intervención, Fernández-Tapias tivo palabras de agarimo para Antonio, presidente do colectivo, e Ana, pais do neno. Tamén subliñou a “onda de solidariedade” que xerou o seu caso, cunha sociedade “volcada en axudar á súa familia”. “Esa onda de agarimo hoxe transfórmase de novo en apoio –asegurou- . Ogallá que o vindeiro 1 de outubro academos unha gran participación. Será a mellor homenaxe que lle podemos dar a Leo, aos seus pais, familiares e amigos e unha excelente forma de axudar a saír adiante a moitos outros nenos que hoxe sofren esta situación. A das enfermidades raras é unha carreira na que temos que participar todos xuntos, e que non nos podemos permitir perder”.