A Estrada pavimentará máis de oito quilómetros de vías rurais con 435.300 euros do Plan Concellos

A Deputación financia as actuacións de limpeza de foxos, barrido superficial e instalación de novos pavimentos en once camiños do rural

18/09/2022

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de dar luz verde a recursos do Plan Concellos, co que avoga pola autonomía dos municipios da provincia entregándolles recursos económicos cos que impulsar a xestión municipal e promover o seu desenvolvemento. Nesta ocasión os fondos provinciais chegarán ao concello da Estrada, que se verá beneficiado de 435.328 euros cos que financiará de xeito íntegro a pavimentación en once vías rurais que abarcan máis de oito quilómetros de lonxitude.

Máis polo miúdo, a achega da Deputación servirá para realizar a limpeza de foxos, o barrido superficial e a instalación de novas capas de rodadura sobre as existentes na totalidade de camiños que comprenden este proxecto.

Estes sitúanse na parroquia de Arnois, onde se traballará nos camiños das Neves, A Veiga, A Silva – A Carballeira, A Costa – A Quenlla, A Costa – A Granxa, A Carballeira – A Reiga, A Granxa – O Carballal, Moimenta, Moimenta – A Grela e O Carballal- Igrexa. Ademais en Arnois – Oca tamén se actuará no camiño A Silva – Os Besteiros.

Ligazóns de interese

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.