A Deputación impulsa a instalación dunha pantalla xigante en Pontevedra e Vigo para seguir a final da Eurocopa que xogará a Selección Española o vindeiro domingo

En Pontevedra o goberno provincial está a espera da autorización do Concello para a instalación da pantalla no lugar idóneo para ver un partido do máis alto nivel

10/07/2024

Final da Eurocopa 2024

A Deputación de Pontevedra impulsa a instalación dunha pantalla xigante na cidade de Pontevedra para seguir a final da Eurocopa que a Selección Española de fútbol xogará en Berlín o vindeiro domingo a partir das 21 horas contra o equipo gañador do enfrontamento entre Inglaterra e Países Baixos.

O goberno provincial contactou xa co Concello de Pontevedra para solicitar autorización para a instalación deste equipamento nun lugar do centro da cidade que permita aos seareiros reunirse para seguir un partido de fútbol do máis alto nivel

Non é a primeira vez que o executivo de Luis López formula unha iniciativa destas características. No pasado mes de maio, a Deputación instalou unha pantalla xigante no Paseo de Montero Ríos, diante do Pazo provincial, para seguir o encontro de ida da final polo ascenso a Primeira Federación entre o Pontevedra e o filial do Real Betis.

Pantalla xigante en Vigo

A institución provincial unha pantalla xigante na cidade de Vigo, concretamente na Praza da Estrela, para seguir a final da Eurocopa que a Selección Española de fútbol xogará en Berlín o vindeiro domingo a partir das 21 horas contra o equipo gañador do enfrontamento entre Inglaterra e Países Baixos.

Esta iniciativa permitirá aos seareiros reunirse para seguir un partido de fútbol do máis alto nivel.