A deputada Isabel Couselo visita as obras de mellora do camiño de acceso da PO-220 que contan cunha achega da Deputación de 15.000 euros

11/12/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de supervisar en Cuntis xunto co delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde do concello, Manuel Campos, a mellora do camiño de acceso da PO-220 ao Noval. A actuación conta cun orzamento de 71.600 euros dos que a institución provincial achega 15.000 a través do Plan +Provincia e a Xunta de Galicia o importe restante ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025.

Galerias de imaxes