O Museo súmase á Feira Franca cun obradoiro no que as e os participantes crearán o seu propio taboleiro dun xogo de mesa de orixe medieval

O obradoiro, dirixido a nenas e nenos de entre 6 a 12 anos, celebrarase en catro sesións independentes durante as mañás dos días 29, 30 e 31 de agosto e do 1 de setembro

21/08/2023

Os números da fortuna. Obradoiro Feira Franca

O Museo de Pontevedra organiza un ano máis un obradoiro con motivo da celebración da Feira Franca de Pontevedra. Este ano, as nenas e nenos que participen descubrirán un aspecto da Idade Media europea que probablemente descoñezan: a popularidade que tiveron o que hoxe coñecemos como xogos de mesa. No obradoiro Os Números da Fortuna falarase dos distintos xogos e da diversidade dos taboleiros, ademais, as e os participantes crearán o seu propio taboleiro para xogar á Casa da Fortuna (Glückshaus), un xogo de azar alemán moi popular na Baixa Idade Media e na Época Moderna. 

A actividade terá lugar no Edificio Castelao os días 29, 30 e 31 de agosto e mais o 1 de setembro, de 11 a 13 h, en catro sesións independentes, e está dirixida a nenas e nenos de entre os 6 e os 12 anos.

A inscrición pode facerse a partir deste martes 22 de agosto, ás 9 h, e ata o luns 28 de agosto, ás 14 h, a través do correo electrónico reservas.museo@depo.gal, nela indicarase o nome, a idade e o número de teléfono de contacto.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.