O Apalpador reunirase esta tarde coa deputada de Lingua María Ortega no Pazo provincial para desexar unhas felices festas a toda a provincia
20/12/2022
Na maña de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitará o Pazo Provincial, onde será recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua, e desexará boas festas a toda a provincia.
Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.
O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.
Programación completa desde o 19 de decembro ao 4 de xaneiro en horarios de mañá e tarde