A Deputación levará este domingo a preto de 170 persoas da provincia a desfrutar do programa de termalismo +Benestar

Son 168 persoas de 26 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Balneario de Mondariz e o Hotel Spa Torre do Deza, en Lalín

16/11/2024

Preto de 170 persoas de 26 concellos da provincia desfrutarán desde este domingo do programa de termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar, con estadías no Hotel Carlos I e o Gran Talaso, en Sanxenxo, o Balneario de Mondariz e o Hotel Spa Torre do Deza, en Lalín. En concreto, son persoas dos concellos da Guarda, As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Forcarei, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Vigo, Vila de Cruces e Vilaboa.

Ata 53 persoas das Neves, Cangas, Marín, O Porriño, Pontevedra, Redondela, O Rosal e Vigo desfrutarán de +Benestar  no Hotel Carlos I; 23 da Guarda, Cangas, Marín, Meis, Moaña, Nigrán, Pontevedra, Redondela, Vigo e Vila de Cruces farán o propio no Gran Talaso; 32 persoas de Cambados, Cangas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Ribadumia, Salceda de Caselas, Sanxenxo e Vigo se aloxarán no Hotel Spa Torre de Deza e 60 de Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Forcarei, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Vigo e Vilaboa no Balneario de Mondariz.

No marco do programa de termalismo +Benestar serán preto de 2.200 as persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia as que desfruten de estancias de seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e , ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

O organismo provincial subvenciona un total de 2.097 das prazas, que son de réxime xeral, con 100 €, e outras 30, de réxime especial, están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.