A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao LVI Concurso de Gaitas de Ponteareas
21/09/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao LVI Concurso de Gaitas de Ponteareas, “o de maior tradición de toda Galicia”, que tivo lugar hoxe na vila de Corpus coa participación de trece grupos de gaitas. A vicepresidenta provincial quixo aproveitar a ocasión para remarcar o “compromiso da Deputación con resgardar todos los valores identitarios da nosa provincia” e subliñou a importancia de eventos como este, “fundamentais para que as novas xeracións sigan mantendo os nosos valores máis vivos que nunca”.