Luisa Sánchez asiste ao almorzo-coloquio do Círculo de Empresarios de Galicia ofrecido polo presidente de ABANCA
23/01/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves ao almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia impartido polo presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet. A tribuna, que tivo lugar na sede da entidade en Vigo, levaba por título “Perspectivas económicas na Nova Orde Mundial: a visión de ABANCA tras 10 anos como referente financeiro de Galicia”.