Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con discapacidade, así como o coidado do medio natural que a Fundación Ofirvida realiza na Lama

19/01/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste concello para coñecer os proxectos que esta entidade está a desenvolver en materia de atención sociosanitaria a persoas maiores e con discapacidade.

O mandatario provincial percorreu as instalacións e puxo en valor a importancia da colaboración entre as administracións locais e entidades de benestar social para mellorar a calidade de vida da veciñanza, especialmente en ámbitos rurais. Así mesmo, Luis López salientou a integración do inmoble no medio natural como un exemplo de coidado do medio ambiente que contribúe a afrontar o reto demográfico e a facer máis atractivo o rural da provincia.

Galerias de imaxes