Luis López reúnese coa presidenta do Museo do Pobo Galego en San Domingos de Bonaval

04/09/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado do deputado provincial Jorge Cubela, acaba de reunirse en San Domingos de Bonaval coa presidenta do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada. Na xuntanza, o mandatario provincial tivo a oportunidade de coñecer in situ as iniciativas que está a poñer en marcha a aproveitou para recoñecer o labor que desenvolve o Museo en canto a investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura galega, tanto a través da súa colección etnográfica como artística e histórica.

A Deputación de Pontevedra colabora co Museo do Pobo Galego mediante unha subvención nominativa e é, ademais, un dos patróns institucionais do seu Padroado, integrado tamén por outras entidades que traballan a favor da cultura de Galicia.