Luis López recibe no Pazo provincial á directiva da Asociación Nacional de Estudantes de Dereito, Iuris España
13/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no Pazo provincial aos membros da directiva da Asociación Nacional de Estudantes de Dereito, Iuris España: Ángel Cabezas, presidente de Iuris España; Noelia de Ángel, vicepresidenta Iuris España; e Alberto Neira, presidente de Iuris Galicia. O mandatario provincial, despois de amosarlles distintas dependencias do Pazo provincial, interesouse sobre as iniciativas que esta entidade ten en marcha, repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas entidades e tendeu a man da Deputación para explorar posibles vías de colaboración.