O deputado provincial Javier Tourís reúnese con responsables do Club de Piragüismo Illa de Arousa

04/03/2024

Luis López certame da camelia

O deputado provincial Javier Tourís acaba de reunirse no Pazo provincial da Deputación con responsables do Club de Piragüismo Illa de Arousa para coñecer o programa de fomento do piragüismo en idade escolar, dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria da Illa e Vilanova. Durante o encontro, Tourís remarcou que o deporte é e será un dos eixes prioritarios do Goberno provincial e amosou a vontade da Deputación de abordar posibles liñas de colaboración coa entidade arousá.