A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á inauguración do Centro de Innovación de Afaga Alzheimer CIAG en Vigo

04/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, asistiu hoxe á inauguración do novo Centro de Innovación de Afaga Alzheimer CIAG en Vigo. Durante o acto puideron coñecer este espazo, o primeiro centro de innovación e atención á lonxevidade de Galicia, e desfrutaron dun concerto de cancións tradicionais do coro “Los Sonidos de la Memoria”, da Fundación Coral Casablanca, integrada por usuarias de AFAGA e os seus coidadores e familiares, ademais de profesionais e voluntarios da asociación.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.