Luis López participa en Vigo na inauguración da novena edición de Navalia, a feira do sector naval que patrocina por primeira vez a Deputación de Pontevedra

21/05/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez participaron este martes na inauguración da novena edición da Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, que se celebra no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), entre os días 21 e 23 de maio. Xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o titular do goberno provincial percorreu os postos dunha feira que afianza á provincia como unha potencia de primeira orde no sector naval.

Ademais, este ano é a primeira vez que a Deputación de Pontevedra colabora de xeito directo con Navalia a través dun novidoso patrocinio consistente na organización dunha aula de formación na que terán lugar ao longo da feira unha decena de conferencias e exposicións relacionadas co futuro do sector naval.

Galerias de imaxes