Luisa Sánchez anuncia na Gala de Campións da Federación Galega de Automobilismo que a Deputación reforzará o seu apoio a esta disciplina

11/01/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou durante o transcurso da Gala de Campións da Federación Galega de Automobilismo que “a Deputación vai intensificar o seu apoio ao automobilismo”. Tralo éxito da iniciativa +Talento Motor, impulsada coa colaboración da Federación o pasado ano por primeira vez e que permitiu que o vencedor, Yago Martínez, resultara gañador da categoría Dacia Sandero Eco Cup do campionato galego, “estamos traballando en novas ideas para reforzar esta modalidade e saldar unha conta pendente co automobilismo, dada a súa gran popularidade na provincia”, sinalou Luisa Sánchez.

A vicepresidenta provincial lembrou o carácter estratéxico que supón a área de deportes para o executivo provincial, e destacou o aumento dun 15% de recursos nos orzamentos deste ano, así como os 8 millóns do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dobrando o crédito da primeira edición. “Mobilizaremos a maior cantidade que recibira xamais o deporte desta provincia”, destacou.

Galerias de imaxes