Luis López asiste á Festa do Viño Espumoso Rías Baixas en Salvaterra de Miño, “un escaparate excepcional do noso enoturismo que contribúe á desestacionalización”
07/12/2024
O presidenta da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado á décima edición da Festa do Viño Espumoso da Denominación de Orixe Rías Baixas, que se celebra en Salvaterra de Miño. Acompañado da alcaldesa do concello, Marta Valcárcel, cualificou a celebración como un “escaparate excepcional” da oferta enoturística do destino Rías Baixas, que abunda na desestacionalización, un dos obxectivos da estratexia turística da Deputación de Pontevedra.