A Deputación mantén aberta ata o próximo domingo no Palacete das Mendoza a exposición “Desigual”, do pintor Gonzalo Sellés Lenard

A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o domingo 16 de marzo

09/03/2025

A Deputación de Pontevedra mantén aberta ao público ata o próximo domingo 16 de marzo a exposición “Desigual”, do pintor Gonzalo Sellés Lenard. A mostra pode visitarse na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas na cidade de Pontevedra.

En “Desigual”, o artista vigués Gonzalo Sellés Lenard convida ao público a unha dobre observación empírica e física na que busca representar o intanxible e capturar o tempo a través das súas pinceladas meticulosas. A súa obra oscila entre a abstracción e a figuración, amosando figuras identificables como pétalos ou follas, á vez que aborda ideas tanxibles propias da abstracción. Na serie “Fuzzy”, que presenta nesta mostra, tamén pon sobre a mesa unha ruptura coa concepción clásica da arte, imitando a natureza de maneira non coherente.

Os horarios de visita da exposición “Desigual” de Gonzalo Sellés Leonard no Palacete das Mendoza son os seguintes: de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, o sábado en horario partido de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas e o domingo de 10:00 a 14:00 horas.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.