A Deputación comparte a súa experiencia na xestión de residuos co alcalde guatemalteco Omar Moisés de León

10/06/2025

O deputado provincial Alejandro Lorenzo visitou hoxe o concello

Omar Moisés de León, alcalde do municipio guatemalteco de Olintepeque, é o cuarto pasante do programa internacional que convocan a Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).  A súa estadía de prácticas na Deputación de Pontevedra está destinada a coñecer experiencias de éxito na xestión local dos residuos municipais, co fin de poder desenvolver melloras na organización da súa comunidade.

A Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra organizou unha serie de visitas a diferentes concellos da provincia para amosar distintas iniciativas no marco dos residuos municipais, especialmente en materia de prevención, preparación para a reutilización, reciclaxe e compostaxe, cun enfoque na economía circular.

O Programa de pasantías, que este ano chega á súa vixésima edición, naceu como instrumento para levar a cabo unha cooperación efectiva dirixida aos municipios iberoamericanos co obxecto de proporcionarlles un coñecemento práctico das funcións que posteriormente poidan desenvolver no seu territorio.