Luisa Sánchez asiste en Marín á entrega de premios da XV Copa Galicia Internacional de Ximnasia Trampolín
23/03/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este domingo no pavillón da Raña, en Marín, á entrega de premios XV Copa Galicia Internacional de Ximnasia Trampolín - I Memorial Pablo Hinojar 2025, que se estivo celebrando desde o venres nestas instalacións organizado pola Federación Galega de Ximnasia co apoio da institución provincial.