Luisa Sánchez asiste ao acto de entrega da XXIX edición dos Premios Aproin
27/03/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, ao acto de entrega da XXIX edición dos Premios Aproin (Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra). A vicepresidenta provincial puxo en valor nos premios, outorgados en recoñecemento á calidade, á innovación e á sustentabilidade no sector da promoción inmobiliaria, que tres dos catro galardón (mellor rehabilitación e mellor obra non residencial, na que este ano se distinguiron dúas obras) caesen en mans de proxectos localizados na cidade de Vigo.