Luis López explora vías de colaboración cos presidente da Real Academia Galega de Belas Artes para seguir espallando a cultura por toda a provincia
28/11/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela; reuniuse este xoves cos presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. Un encontro de traballo que serviu para coñecer os proxectos que ten en marcha esta entidade, para analizar cuestións de interese mutua, entre as que se encontra a Bienal de Arte que recuperará a Deputación o vindeiro ano, e para abordar posibles vías de colaboración coa administración provincial.