Empresas de varias comarcas participarán no workshop de turismo co que a Deputación vai promover a provincia en Sevilla e Bilbao
Carmela Silva: “Somos a única administración provincial galega que realiza este tipo de eventos de promoción e comercialización do destino que realmente son un grande éxito”
07/10/2022
Todo listo para os workshops de turismo que a Deputación vén organizando nos últimos anos con grandes resultados e éxito de participación. Se no 2021 os eventos tiveron lugar en Madrid e Valencia, neste 2022 Sevilla e Bilbao tómanlle o relevo e acollerán o mércores 19 e o xoves 20 de outubro a ata 32 empresas da provincia. “Somos a única administración provincial galega –detallou a presidenta Carmela Silva- que realiza este tipo de eventos de promoción e comercialización do destino que realmente son un grande éxito”.
As actividades, que forman parte do Plan Estratéxico de Turismo provincial para o 2021-2023, terán lugar na Sala Metropol de Sevilla o mércores 19 de outubro e no Yimby Bilbao Ercilla o xoves 20.
Ata alá desprazaranse, xunto a representantes da Deputación encabezadas/os pola súa presidenta Carmela Silva, responsables de entidades de Pontevedra,Terra de Montes, O Morrazo, Salnés, Arousa, Vigo e o Baixo Miño
Empresas das comarcas do Salnés e Arousa
Ata alá desprazaranse responsables de entidades de Sanxenxo como Casa do Sear, Circuítos Galicia, Galicia Villas, Gran Talaso Sanxenxo, Hotel Pirámide, Hotel Spa Nanín e Viajes Interrías; de Cambados como Celtatravel; de Meaño como a adega Paco&Lola; de Pontecesures como Always Spain Incoming e de Vilagarcía de Arousa como Tee Travel. Amais destas entidades, participan outras 21 da provincia de Pontevedra que representan todos os sectores relacionados co turismo, dende hoteis a axencias receptivas, adegas, casas de turismo rural, empresas de aluguer de barcos a motor e vela, ademais da Ruta do Viño Rías Baixas, do Museo de Pontevedra e os castelos de Soutomaior e Sobroso.
Empresas das comarcas de Pontevedra, Terra de Montes e O Morrazo
Responsables de entidades de Pontevedra como o Hotel Alda Pontevedra, de Vilaboa como o Hotel San Luis, de Poio como o Hotel Villa Covelo, da Estrada como Simply Galicia e de Bueu como o Hotel Alda Bueumar. Amais destas entidades, participan outras 27 da provincia que representan todos os sectores relacionados co turismo, dende hoteis a axencias, adegas, casas de turismo rural, empresas de aluguer de barcos a motor e vela, ademais da Ruta do Viño Rías Baixas, do Museo de Pontevedra e os castelos de Soutomaior e Sobroso
Empresas das comarcas de Vigo e O Baixo Miño
Responsables de entidades de Vigo como Alda Hotels (Hotel Alda Vía Norte, Hotel Alda Puerta del Sol, Apartamentos Alda Porta do Sol e Hotel Alda Estación Vigo), Hotel Attica 21 Vigo, Hotel Bahía de Vigo, Hotel Ciudad de Vigo/Axis Vigo, Hotel OCA Ipanema, Hotel Zenit Vigo, Pazo Los Escudos Hotel&Spa Resort, Vio Viajes e Sailway
Os workshop que a Deputación organiza este mes en Sevilla e Bilbao comezarán coa posta en contacto das empresas turísticas da provincia e as sevillanas e bilbaínas. Está previsto que todas elas teñan encontros networking con máis de 130 empresas de Sevilla e Bilbao coas que se agardan pechar negocios turísticos. Trala parte comercial terá lugar unha presentación de destino, na que a institución dará a coñecer a campaña de promoción de Pontevedra Provincia ante o público das dúas cidades. O pasado ano, tal e como recordou a presidenta Carmela Silva, en Madrid e Valencia tiveron lugar ata 3.000 citas directas e encontros con máis de 160 firmas.