A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, presencia o derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño

16/03/2024

Derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao partido de balonmán entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño. Trátase do “derbi galego do balonmán por excelencia” e dun dos “partidos estrela” da xornada vixésimo primeira da Liga Guerreras Iberdrola de Balonmán.