Luis López eloxia a Asociación Cultural de Acordeonistas Estradense pola celebración da cuarta edición dun festival que descentraliza a potencia a cultura da provincia
O presidente provincial, acompañado polo deputado Jorge Cubela, enmarca este apoio na estratexia da Deputación de promover a programación de facilitar o acceso a actos culturais de calidade á veciñanza da provincia “viva no concello que viva”
26/03/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou este mércores aos membros da Asociación Cultural de Acordeonistas Estradense a aprobación no pleno deste venres dunha subvención valorada en 15.000 euros para colaborar nos actos organizativos da cuarta edición do Festival de Acordeóns Música no Camiño que promove cada ano este colectivo para dinamizar a axenda cultural da Estrada e a súa comarca. Fíxoo nun encontro no Pazo provincial no que tamén participou o deputado de Cultura, Jorge Cubela.
Este evento celebrarase o vindeiro sábado no Teatro Principal da Estrada. Unha programación que conta con dous pases: o primeiro, ás 17.30 horas; e o segundo, ás 20.30 horas. Entre as agrupacións participantes atópase a Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao coma cabeza de cartel, acompañada pola Banda de Acordeóns Metropolitana de Mos e o grupo estradense Os Lóstregos. Indican desde a organización que as entradas están xa a venda por un prezo de 10 euros.
O apoio da Deputación a este evento de carácter musical enmárcase na estratexia do goberno que preside Luis López de descentralizar do ámbito das grandes cidades os eventos culturais e promover a súa organización, ben de actuacións musicais ou de calquera outra disciplina, nos distintos concellos da provincia para achegar unha cultura de calidade de interese xeral a toda a veciñanza da provincia, “viva no concello que viva”, subliña o presidente da Deputación, Luis López.