Luis López remarca o compromiso da Deputación coa cultura e a tradición coa súa participación na procesión do Corpus Christi de Ponteareas

02/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, luis López, xunto coa deputada de turismo e alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, participou este domingo na tradicional procesión do Corpus Christi. O mandatario provincial participou, como os milleiros de veciños e visitantes que asisten cada ano a esta festa, na misa solemne celebrada na igrexa parroquial de San Miguel e, a continuación, na procesión do Corpus polas rúas da vila. Un camiño no que puido contemplar a beleza das alfombras florais coas que os veciños engalanan cada ano as rúas de Ponteareas.

O apoio á cultura é un dos principais piares da acción de goberno da Deputación, que colabora a través de diferentes iniciativas na celebración do Corpus de Ponteareas, que recibiu este ano 2024 a distinción de Ben de Interese Cultural. A contribución da Deputación con esta festa de Interese Turístico Internacional consiste nun convenio de colaboración co Concello para a celebración da festa, unha subvención ao abeiro da Liña 2 do +Provincia para un video-maping sobre o Corpus e unha axuda a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.

Galerias de imagenes