O deputado provincial Roberto Carrero participa na conferencia “Rio Minho, o corredor verde transfronteiriço”

28/07/2023

O deputado provincial Roberto Carrero participou este venres na Fonte das Termas, en Melgaço, na sesión de apertura da conferencia “Río Minho, o corredor verde transfronteiriço”, que compartiu co primeiro secretario do Secretariado Executivo Intermunicipal da CIM Alto Minho, Bruno Caldas, e o vicepresidente da Cámara Municipal de Melgaço, José Adriano Lima. O encontro estaba organizado pola Comunidade Intermunicipal de Alto Minho (CIM Alto Minho), en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a AECT Rio Minho e estivo centrado no río Miño e en proxectos europeos aplicados, na avaliación dos beneficios dos mesmos para a rexión transfronteiriza e nas perspectivas de futuro. Nos tres paneis celebrados durante a conferencia participaron poñentes expertos de diferentes instrucións de Portugal e de Galicia.