Areeiro informa da boa saúde xeral da viña cara á próxima vendima

O centro de investigación da Deputación destaca que na maioría das adegas xa non permiten aplicar tratamentos químicos aos subministradores

19/08/2022

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitostextoanitario no que advirte de que a pesares dos cambios meteorolóxicos das pasadas xornadas, o estado fenolóxico da viña evoluciona correctamente, polo que a saúde da uva e bo de cara á vindeira época de vendima. Areeiro tamén informa de que segundo as mostras de uva recollidas para analizar o grao alcohólico do viño, resultaron valores comprendidos entre os 8,73 graos e os 9,99 graos.

No que se refire ó mildio, a pesar das precipitacións que se rexistraron durante a semana, observáronse moi poucos brotes de este patóxeno. os ventos do norte que se están a producir e o tempo estable que prognostican para os próximos días, farán que siga sendo improbable a aparición de novos síntomas. No caso do oídio, o persoal de Areeiro observou a semana pasada, nalgunhas das súas plantas testemuña un incremento significativo de follas con síntomas deste patóxeno, pero non evolucionaron dende entón.

Por outra banda, a pesar de producirse algunhas precipitacións, na maioría dos casos foron lixeiras e non suficientes como para manter durante tempo a humidade na vexetación, polo que non se esperan danos de importancia producidos pola botrite. Areeiro tamén informa de que xa se observaron os primeiros acios en fase de maduración afectados por paxaros, por tanto recomenda a vixilancia nas viñas. Tamén aconsella que se sigan controlando os síntomas de golpe de sol, de plantas con alteracións de madeira, e da aparición de máis cepas con síntomas de estrés hídrico.

A tamén aconsella continuar comprobando a evolución dos trips nas plantas, xa que avisa de que se atoparon síntomas de alimentación destes insectos en dúas viñas. Compre manter a vixilancia por si houbera que aplicar un tratamento. En canto ós ácaros, continúan observándose síntomas de acariose nas parcelas de seguimento aínda que séguese percibindo unha poboación relativamente importante de ácaros beneficiosos.

O persoal de Areeiro informa de que se Incrementou o número de perforacións das eirugas nos acios, aínda que sen acadar os limiares que xustificarían unha intervención, polo menos de momento, é necesario vixiar a evolución durante a vindeira semana para determinar si hai que actuar ou non contra as avelaíñas do acio. No caso dos cicadélidos, o persoal da Estación Fitopatolóxica, volveu a capturar esta semana algúns exemplares de Scaphoideus titanus, o vector da flavescencia dourada. Os novos resultados das mostras recollidas esta semana tamén resultaron negativas, é dicir, ausencia do fitoplasma da flavescencia.

Ademais, Areeiro recomenda manter o seguimento da bolboreta do buxo xa que atoparonse as primeiras eirugas e síntomas da nova xeración de Cydalima perspectalis, aínda que son casos moi puntuais polo que de momento non é necesario tratar. No que respecta á procesionaria do piñeiro descendeu o número de capturas, nestas datas están próximos os nacementos das primeiras eirugas.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.