A Deputación adxudica a posta en marcha do programa de igualdade “Conectadas”

O goberno destina máis de 300.000 euros ás actividades formativas que contempla a iniciativa na que, desde o 2016, participaron preto de 20.000 mulleres

28/05/2022

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar o desenvolvemento do programa “Conectadas”, un dos de maior participación social dos que promove a institución e cuxo obxectivo se centra, como destacou a presidenta Carmela Silva, “na promoción das mulleres e no apoio ao seu desenvolvemento e apoderamento”. Nesta iniciativa a Deputación investirá un orzamento de máis de 314.000 euros, que permitirá a entidades e asociacións da provincia desenvolver accións para mellorar a formación das mulleres.

Como explicou a presidenta provincial, o catálogo de accións a desenvolver que poden elixir estes colectivos suma ata 30 diferentes, divididas en 5 bloques: “Emprende: iniciativas sostibles para o Emprego”; “ExpresARTE”; “Conéctate”; “Sementa Sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”.

“O obxectivo é mellorar a formación das participantes, crear redes, mellorar a súa empregabilidade das mulleres, mantelas no mercado de traballo e reducir a brecha dixital”, destacou Carmela Silva, que lembrou que desde a posta en marcha do programa no 2016, xa participaron preto de 20.000 mulleres “de toda a provincia” no total das 1.370 accións formativas desenvolvidas desde entón.

Ligazóns de interese

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.