Aberto o prazo para matricularse nas escolas deportivas da Deputación
En total ofértanse ata preto de 1.000 prazas para que nenas e nenos de 25 concellos da provincia poidan practicar atletismo, baloncesto, judo, loita, rubgy e taekwondo a través de 63 escolas
30/09/2023
A Deputación de Pontevedra xa abriu as prazas de matrícula nas súas escolas deportivas. En total, a institución provincial, en colaboración coas federacións galegas das distintas disciplinas, oferta 63 escolas con ata preto de 1.000 prazas para que nenas e nenos de 25 concellos da provincia poidan practicar atletismo, baloncesto, judo, loita, rugby e taekwondo. As escolas deportivas comezarán na semana do 16 de outubro e o formulario para inscribirse está dispoñible en DEPOrte Escolas.
A modalidade que concentra un maior número de escolas é a de judo, con 26 en dez concellos. En Baiona, impartiranse catro escolas, que terán lugar no CEIP de Belesar (os martes e xoves, de 15:00 a 16:00 horas) e no pavillón deportivo (mércores e venres, de 15:50 a 16:40 e de 16:50 a 17:30 horas). En Gondomar, terán lugar dúas no pavillón polideportivo, os venres de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00 horas. Pola súa banda, en Moraña, haberá outras dúas escolas de judo no CEIP Santa Lucía, os xoves de 16:00 a 16:45 e de 17:00 a 17:45 horas. En Oia, a escola de judo desenvolverase no CEIP M. M. García os xoves de 15:45 a 17:00 horas; en Porriño, terán lugar catro no CEIP Plurilingüe Atios, os martes de 16:00 a 16:45 e de 16:45 a 17:30 horas, e os venres de 16:00 a 16:45 e de 17:00 a 17:45 horas; en Ponteareas, tamén catro e todas elas no IES Val Do Tea, os luns de 18:15 a 19:00 e de 19:00 a 20:00 horas, e os mércores de 17:30 a 18:15 e de 18:15 a 19:15 horas; en Pontevedra, as tres escolas de judo terán lugar na Cidade Infantil Príncipe Felipe e serán os luns e xoves de 16:00 a 16:50, de 16:50 a 17:40 e de 17:40 a 18:30 horas; en Redondela, haberá dúas no CEIP Laredo e serán os mércores de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00 horas; Ribadumia acollerá outras dúas escolas deportivas de judo, que terán lugar no ximnasio novo de Barrantes os martes e xoves, de 16:15 a 17:00 e de 17:15 a 18:00 horas; e, finalmente, en Tomiño tamén haberá dúas escolas de judo no pavillón polideportivo de Goián os venres de 17: 00 a 17:50 e de 18:00 a 18:50 horas.
A segunda modalidade deportiva que concentra un maior número de escolas é a de loita, con 17 en dez concellos. En Cambados, haberá unha no CEIP Santomé os martes e xoves, de 18:00 a 19:00 horas; na Cañiza, terá lugar unha escola no pavillón de Valeixe os xoves de 16:00 a 17:00 horas; en Crecente, outra no pavillón municipal os mércores de 16:00 a 17:00 horas; en Bueu desenvolveranse dúas no pavillón Pablo Herbello, todos os luns e mércores, de 17:00 a 18:00 horas; na Estrada, terá lugar unha no Club A Cambadela, de 18:00 a 19:00 horas; en Ponteareas, dúas no Ximnasio Wudang os martes e xoves ,de 17:00 a 18:00 horas; en Pontevedra, dúas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva os sábados de 11:30 a 13:00 horas, e os martes de 20:00 a 21:45 horas; en Redondela, desenvolverase unha no Club Independiente os mércores de 17:00 a 18:00 horas; en Vigo, terán lugar catro, tres delas na AA. VV. Pardavila (luns ou mércores, de 19:00 a 20:00 horas; martes de 16:00 a 17:00 horas; e xoves de 18:00 a 19:00 horas) e outra no pavillón municipal de Coia (os mércores de 19:00 a 20:00 horas); e, finalmente, en Vila de Cruces terán lugar dúas no ximnasio municipal os mércores de 15:45 a 16:45 e de 16:45 a 17:45 horas.
De atletismo ofértanse un total de sete escolas deportivas en cinco concellos. Na Guarda, terá lugar unha no pavillón CEIP Manuel Rodríguez, os venres de 16:30 a 18:00 horas; en Pontevedra, dúas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva os venres de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas; en Ribadumia, outras dúas no pavillón de Barrantes os luns de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 horas; no Rosal, ofértase unha escola no pavillón CPIO Suárez Marquier, que terá lugar os luns de 16:00 a 17:30 horas; e, en Tomiño, outra no pavillón da Carballa os venres de 19:00 a 20:30 horas.
Na modalidade de baloncesto serán seis as escolas deportivas da Deputación e desenvolveranse noutros seis concellos. En Catoira, terá lugar no pavillón municipal os martes de 16:00 a 18:00 horas; en Gondomar, no Pavillón Costas de Miranda os martes e xoves, de 16:00 a 18:00 horas; en Moraña, no pavillón municipal de deportes CPI de Santa Lucía os martes e xoves, de 16:00 a 21:00 horas; nas Neves, no pavillón do CEIP As Neves, os luns de 13:45 a 15.45 horas; en Ribadumia, no pavillón os luns de 16:30 a 18:30 horas; e, finalmente, en Salvaterra, tamén no pavillón, os luns de 17:00 a 19:00 horas.
No que respecta ao taekwondo, tamén se ofertan seis escolas deportivas, neste caso en catro concellos. En Barro, terán lugar dúas escolas deportivas da Deputación no pavillón municipal os luns de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00 horas; en Campo Lameiro, unha no pavillón municipal os martes de 18.15 a 19:15 horas; en Cerdedo-Cotobade, outra no pavillón municipal de Carballedo os martes entre as 16:30 e as 17:30 horas; e, finalmente, en Ponte Caldelas, dúas no seu pavillón municipal os xoves de 19:00 a 20:00 horas, e os venres de 16:00 a 17:00 horas.
As escolas deportivas da Deputación de Pontevedra tamén ofertan unha escola de rubgy, que terá lugar no Campus Universitario de Vigo (Lagoas-Marcosende, Vigo) os mércores de 17:30 a 18:30 horas, e os sábados de 11:00 a 12:30 horas.
A Deputación de Pontevedra tamén porá en marcha escolas deportivas de piragüismo na provincia, aínda que, neste caso, comezarán en marzo e o formulario habilitarase o vindeiro ano.