A Deputación reúnese coa Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial para analizar os plans estruturais de ordenación do solo empresarial de Louredo e Fragamoreira

21/11/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse en Santiago de Compostela coa Directora Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao. Na xuntanza abordáronse cuestións relacionadas cos plans estruturais de ordenación do solo empresarial de Louredo (Mos e Redondela) e Fragamoreira (Poio) no marco da estreita colaboración entre ambas institucións e man tendida entre administracións para impulsar o avance da provincia de Pontevedra.