A Deputación de Pontevedra aproba o proxecto Praias sen límite, dotado con 150.000 € para promover novas experiencias e desestacionalizar o turismo

A institución provincial participa neste proxecto con Costa del Sol, Lanzarote, Almería e Santander

22/11/2024

Xunta de Goberno 22-11-2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López anunciou hoxe en conferencia de prensa que a institución provincial acaba de aprobar o proxecto Praias sen límite. Experiencias turísticas atemporais para reducir a estacionalidade, no que a Deputación está a participar ata finais de 2025 xunto coa Costa del Sol, a entidade de promoción de Lanzarote, a empresa municipal Almería Turística e a empresa municipal de turismo de Santander. En palabras do presidente provincial, “as Rías Baixas son un destino para desfrutar os 365 días do ano, e estamos traballando para compartilo con todo o mundo. Así que que mellor que facelo de man doutros destinos, tendendo pontes e sumando esforzos para incorporar boas prácticas e engadir, se cabe, aínda máis valor a esta provincia extraordinaria”.

Praias sen límite trátase dun proxecto que ten un orzamento de 150.000 euros e conta cunha achega de máis de 120.000 € do Ministerio de Industria e Turismo a través do programa Experiencias Turismo España, que ten como obxectivos aumentar e mellorar as experiencias turísticas no segmento de sol e praia, poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dos territorios e as súas poboacións e impulsar a súa promoción internacional e a desestacionalización do turismo.

En concreto, a Deputación no marco e Praias sen límite está a coordinar a análise e execución de espazos para apostar por un turismo familiar para desfrutar das praias coas mascotas e o desenvolvemento de rutas de sendeirismo costeiras que exploren a beleza natural da costa, promovendo o turismo activo e fomentando contornas singulares.

videos

audios