A Deputación investirá 310.000 euros na mellora da drenaxe da estrada provincial EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, no Porriño

A actuación vaise desenvolver nun tramo dun quilómetro desta estrada provincial que na actualidade presenta irregularidades

17/01/2025

Lusi López en conferencia de prensa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou en conferencia de prensa que a Xunta de Goberno da institución provincial deu luz verde ao expediente para contratar as obras de mellora da drenaxe na estrada provincial EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, no Porriño, que contan cun orzamento total de 310.000 euros.

A actuación desenvolverase nun tramo de aproximadamente un quilómetro desta estrada, que na actualidade presenta problemas debido ao mal estado da drenaxe existente, con tramos de rotura e obstrucións, explicou López. “Avanzamos así no noso compromiso coas estradas provinciais, para garantir o seu óptimo estado e a seguridade das nosas veciñas e veciños”, confirmou o presidente.

En concreto, nun tramo inicial da estrada provincial EP-2502 no Porriño renovarase a rede de pluviais, substituíndo a tubaxe en mal estado, mediante a instalación dunhas novas soterradas e novos sumidoiros para a recollida das augas, renovando seguidamente a capa de rodaxe. Adicionalmente, nunha segunda zona da estrada executarase unha cuneta transitable de formigón na marxe dereita, instalando baixo a mesma unha tubaxe de pluviais. Por último renovarase a sinalización horizontal e instalarase a vertical que sexa necesaria.

videos

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.