Luis López asiste en Balaídos ao partido da UEFA Women’s Nations League entre as seleccións de España e Portugal
08/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polos vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, así como outros membros do goberno provincial; asistiu este martes ao estadio Balaídos para presenciar o partido de fútbol entre a Selección Española e a Selección Portuguesa da fase de grupos da Liga A de Uefa Women’s Nations League.