A Deputación inviste máis de 110.000 euros na mellora do campo de fútbol da Graña de Bueu

Cos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o +Provincia a vila poderá mellorar a eficiencia enerxética da iluminación e realizar a acometida eléctrica para a subministración deste recinto deportivo

19/06/2024

A Deputación de Pontevedra vai investir este ano máis de 110.000 euros na mellora do campo de fútbol da Graña de Bueu. Cos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que ascenden a preto de 80.000 euros, e do +Provincia, que superan os 32.000 euros, a vila poderá mellorar a eficiencia enerxética da iluminación e realizar a acometida eléctrica para a subministración deste recinto deportivo.

En concreto, esta semana a institución provincial acaba de aprobar unha achega de 17.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que se completa con outros 32.000 euros do +Provincia, para cambiar os proxectores actuais de descarga do campo da Graña por uns máis modernos de tecnoloxía LED, substituíndo á vez a rede de cables que os alimenta. Grazas a esta actuación, conseguirase diminuír o consumo eléctrico, mellorar a eficiencia enerxética da instalación e reducir os custos de mantemento debido ao tipo de lámpadas empregadas, tendo en conta a longa vida útil da tecnoloxía LED empregada.

Esta achega complétase con outros máis de 62.000 euros, tamén do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, para realizar a acometida eléctrica para a subministración do campo de fútbol municipal da Graña.  En total, a Deputación xa ten distribuído entre os 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes preto de 3,4 millóns de euros deste programa que está a transformar os equipamentos deportivos da provincia.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.