#MedioNatural

Programa “+Bosques”

Existen múltiples estudos científicos sobre os efectos beneficiosos dos espazos naturais coma os bosques sobre a saúde, entre os que se atopa o mantemento da saúde cardiovascular, evitar o sobrepeso e a obesidade ou mellorar a saúde mental.

A provincia de Pontevedra conta con multitude de masas forestais, algunhas delas singulares, un patrimonio natural e cultural inigualable que conforma un importante recurso para mellorar a calidade de vida da cidadanía.


Tendo en conta o anterior, o programa “+Bosques” presenta sete percorridos por sete espazos naturais, cada un cun enfoque distinto segundo as súas características e os valores sobre os que xirará toda a actividade, sempre buscando a participación e a integración das persoas na actividade desde o primeiro momento, co obxectivo de promover un estilo de vida saudable e poñer en valor o patrimonio natural e cultural da provincia de Pontevedra.

As sete rutas propostas percorrerán o río Almofrei (Pontevedra), O Carreirón (A Illa de Arousa), cabo Udra (Bueu), a illa de Tambo (Poio), o lago Castiñeiras (Marín e Vilaboa), a Ruta da Xabriña (Covelo) e o pazo de Lourizán (Pontevedra). En todos os casos buscouse que fosen accesibles, tendo en conta as particularidades de cada zona.

Ademais, o programa contará cunha xornada de degustación de cociña elaborada no propio bosque a base de froitos e vexetais silvestres comestibles, na que as persoas participantes poderán coñecer as súas propiedades nutritivas, identificalos, apañalos e, finalmente, degustalos. Este evento terá unha duración aproximada de tres horas e levarase a cabo cando rematen todas as rutas, no mes de novembro, e poderán asistir todas as persoas que participaron nas andainas en 2024.

Procedemento de inscrición e participación

Os prazos de inscrición en cada actividade abriranse ás 9 h dos días sinalados a continuación (no mes anterior á realización da ruta, agás no caso das de xuño). Nese momento habilitarase un formulario en liña no que poderá anotarse a persoa solicitante con tres acompañantes.

Unha vez que se complete a capacidade crearase unha lista de agarda.

  • Actividades do mes de xuño: inscrición a partir das 9 h do 13 de xuño
  • Actividades do mes de xullo: inscrición a partir das 9 h do 17 de xuño
  • Actividades do mes de agosto: inscrición a partir das 9 h do 15 de xullo
  • Actividades do mes de setembro: inscrición a partir das 9 h do 19 de agosto
  • Actividades do mes de outubro: inscrición a partir das 9 h do 16 de setembro

A lista configurarase por orde de chegada das inscricións; as quince primeiras persoas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa asistencia ou rexeiten a praza coa maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 12 h do luns anterior á realización da ruta. Se se producen renuncias, recibirán o correo electrónico de confirmación as persoas da lista de agarda, que deberán respectar o mesmo prazo ou, de enviarse pasado este, canto antes, en todo caso antes das 12 h do xoves anterior á realización da ruta.

As persoas que non respondan nos prazos establecidos quedarán automaticamente excluídas da lista e non poderán participar na ruta para a cal se lle confirmou a praza nin en ningunha das outras incluídas no programa “+Bosques”.

Consideracións

A inscrición só poderá facerse a través do formulario en liña que se habilita para as rutas dese mes, polo que non se aceptarán inscricións por outras vías (correo electrónico ou teléfono). Non se terán en conta as solicitudes presentadas fóra do prazo de inscrición de cada actividade

Só está permitido realizar cada ruta unha vez; as solicitudes de persoas que se inscriban para rutas que xa realizaron nesta edición do programa “+Bosques” non se terán en conta.

O horario e o punto de encontro facilitaráselles ás persoas que vaian asistir á actividade.

As persoas participantes deberán desprazarse ata o lugar de encontro de comezo da ruta polos seus propios medios.

As e os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Visitas e datas

Lago Castiñeiras (Vilaboa - Marín)

Lago Castiñeiras (Marín e Vilaboa)

Illa de Tambo

Illa de Tambo (Poio)

Río Eifonso

Río Xabriña (Covelo)

Río Almofrei (Pontevedra)

Río Almofrei (Pontevedra)

O Carreirón (A Illa de Arousa)

O Carreirón (A Illa de Arousa)

Cabo Udra (Bueu)

Cabo Udra (Bueu)

Pazo de Lourizán (Pontevedra)

Pazo de Lourizán (Pontevedra)

DATAS

Xuño de 2024 - Prazas esgotadas

  • Sábado 22: río Xabriña
  • Domingo 23: río Almofrei
  • Sábado 29: O Carreirón
  • Domingo 30: illa de Tambo

Xullo de 2024 - Prazas esgotadas

  • Sábado 6: río Xabriña
  • Domingo 7: río Almofrei
  • Sábado 13: cabo Udra
  • Domingo 14: O Carreirón
  • Sábado 20: pazo de Lourizán
  • Domingo 21: O Carreirón
  • Sábado 27: cabo Udra
  • Domingo 28: pazo de Lourizán

Agosto de 2024

  • Sábado 3: río Xabriña
  • Domingo 4: río Almofrei
  • Sábado 10: O Carreirón
  • Domingo 11: cabo Udra
  • Sábado 17: illa de Tambo
  • Domingo 18: lago Castiñeiras
  • Sábado 24: lago Castiñeiras
  • Domingo 25: illa de Tambo
  • Sábado 31: río Xabriña

Setembro de 2024

  • Domingo 1: río Almofrei
  • Sábado 7: lago Castiñeiras
  • Domingo 8: río Xabriña
  • Sábado 14: pazo de Lourizán
  • Domingo 15: illa de Tambo
  • Sábado 21: cabo Udra
  • Domingo 22: O Carreirón
  • Sábado 28: pazo de Lourizán
  • Domingo 29: lago Castiñeiras

Outubro de 2024

  • Sábado 5: cabo Udra
  • Domingo 6: río Almofrei
  • Sábado 12: illa de Tambo
  • Domingo 13: lago Castiñeiras
  • Sábado 19: pazo de Lourizán
  • Domingo 20: río Xabriña
  • Sábado 26: lago Castiñeiras
  • Domingo 27: pazo de Lourizán
— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.