#LINGUA

Publicacións


A lingua galega no téxtil

A Deputación e A Mesa pola Normalización Lingüística impulsaron a publicación do libro A lingua galega no sector téxtil. Visión, opinión e posición da xeración millennial galega, baseada no traballo académico de Anabel Antela, que pon de manifesto a “situación alarmante” do galego dentro do sector téxtil.

Este estudo, que pode servir de base para futuras campañas a prol da lingua, dá a coñecer a situación lingüística actual, co obxectivo de poñerlles fin á diglosia existente na sociedade galega e ás desigualdades, un dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030

Máis infomación