17 MAIO

2008

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xosé M.ª Álvarez Blázquez

“(...) Un día non lonxano nós mesmos fumos gratamente sorprendidos, ao asistir nunha xeira gozosa ao Antroido de Nerga (Península do Morrazo), a certa pantomima na que un persoaxe brandía unha longa espada de madeira, en cuia folla leíase: 'Espada de Roldán'. Foi diste xeito, pola forza penetrativa da fábula literaria, como se popularizaron en Galiza os temas da literatura cabaleiresca, ...”

“Cantares e romances vellos prosificados”, Discurso de ingreso na Real Academia Galega (1964)

Xosé M.ª Álvarez Blázquez

(Tui, 1915 – Vigo, 1985)

Foi un escritor, poeta, editor, arqueólogo, dinamizador cultural e cronista da cidade de Vigo. Estudou Maxisterio en Pontevedra, onde foi un dos fundadores da revista Cristal, e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Participou nas Mocedades Galeguistas e foi membro da Real Academia Galega, proposto por Francisco Fernández del Riego. Fundou a editorial Castrelos e foi tamén propietario dunha libraría e colaborador habitual en diversos xornais e revistas.

GRANDES ÉXITOS

1950

Roseira do teu mencer

Roseira do teu mencer (1950) é un poemario dedicado á súa filla, que daquela tiña dous anos. É un canto á paternidade e ao amor que sente por ela.

Canle segredo (1976) é unha obra poética escrita en 1953, aínda que non se publicou ata anos despois. O amor, a nostalxia e a nenez son as temáticas en torno ás que xira esta publicación, gañadora do Premio Pondal do Centro Galego de Bos Aires.

Canle segredo

1976

Outras obras

Cancioneiro de Monfero (1953), A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971), Escolma de poesía medieval (1975) e Alexandre Bóveda. Apunte biográfico (1982)

“(…) Participamos nas Mocedades Galeguistas sendo Xosé María Álvarez Blázquez o delegado por Pontevedra; Máis tarde tivemos moita relación en Vigo e tamén coincidimos nos meses de verán en Coruxo compartindo conversas, praia e lecer.”

Francisco Fernández del Riego