17 MAIO

2004

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xaquín Lorenzo

“Hoxe abundan pouco na nosa Terra os establecementos dedicados á industria da que falamos, contándose xa a penas en Lalín, Noia e Allariz, a algún dos que alude a cantiga tan coñecida:
O crego de Vigo é xastre;
o de Cangas, mariñeiro;
o de Ourense, afiador;
e o de Allariz, zapateiro.
xa que é corrente que á beira dos curtidores florezan os zapateiros.”

“Curtidores ou coireiros”, Os oficios (1983)

Xaquín Lorenzo

(Ourense, 1907 – Facós, Lobeira, 1989)

Foi un escritor, etnógrafo e profesor galego. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, carreira que rematará en Zaragoza. Exerceu a docencia na cidade de Ourense, na materia de Xeografía e Historia. Foi membro activo do Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre o carro galego. Pertenceu á Real Academia da Historia e á Real Academia Galega. Foi un dos principais impulsores do Museo do Pobo Galego, institución que presidiu.

GRANDES ÉXITOS

1941

O carro e o home

O carro e o home (1941) é unha curtametraxe documental guionizada por Xaquín Lorenzo e Antonio Román. En 1980 reeditouse coa narración en off do propio Xaquín. Nos seus doce minutos de duración presenciamos o ciclo de vida do carro galego, desde a súa construción e emprego colectivo ata o seu abandono e desaparición.

Os oficios (1983) é un ensaio etnográfico que recolle as características dos oficios populares galegos acompañadas por debuxos do propio Xaquín Lorenzo.

Os oficios

1983

Outras obras

“Etnografía. Cultura material”, no Volume II de Historia de Galiza, dirixida por Otero Pedrayo (1962), Cantigueiro popular (1973) e O mar e os ríos (1983)

“Coñecímonos nas aulas compostelás da Facultade de Filosofía e Letras, (...) Para colleitar o material que lle serviu de base para a volumosa obra, pelegrinou por todos os camiños do país. Percorreu as montañas, andou polos vales e polas terras chás. Visitou lugares recónditos do interior, e vilas e aldeas de beiramar. Procurou información oral de homes, mulleres e nenos. Entrou nas casas, visitou obradoiros, examinou embarcacións.”

Xaquín Lourenzo (2004), Francisco Fernández del Riego