17 MAIO
1972
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“P— Sodes labrego?
R— Sim, pola minha desgraça
P— Esse nome de labrego, de quem o recebiche?
R— Do sacho que me fai calos nas mãos, da terra que rego com o suor da minha testa, das mouras fames que passo, do ar que brua nas minhas fraldiqueiras, da monteira que levo na chola, da coroça de palha que me libra da chúvia, das ceroulas de estopa que me cobrem de meio corpo abaixo, e de outras cativezas entre as que vivo agoniando”
Catecismo do labrego (1889)
Valentín Lamas Carvajal
(Ourense, 1849 – 1906)
Foi un poeta e xornalista galego encadrado nos precursores do Rexurdimento. Membro fundador da Real Academia Galega, foi tamén un dos pioneiros do xornalismo en lingua galega. Entre as publicacións que creou e dirixiu destacan El Heraldo Gallego, que saíu á rúa de 1874 a 1880, e O Tío Marcos da Portela, entre 1876 e 1890. Esta última, de carácter anticaciquil e de notable éxito entre o público, foi a primeira publicación periódica feita integramente en galego.
GRANDES ÉXITOS
1889
Catecismo do labrego (1889) é unha obra publicada por entregas na revista O Tío Marcos da Portela durante 1888. Na súa edición como libro, ao ano seguinte, converteuse nunha das obras máis vendidas da súa época. Publicada baixo o pseudónimo de Fray Marcos da Portela e parodiando o catecismo cristián, o texto vai debullando a dramática situación do campesiñado galego daquela época a través de preguntas e respostas, coma nunha entrevista.
1876 - 1890
Outras obras
Espiñas, follas e frores (1875), Saudades gallegas (1880) e Gallegada (1887)
“E romperán entón as lousas dos seus sepulcros e aparecerán aureolados de gloria os nosos heroes e os nosos bardos para contemplar a magna obra de redención que Pardo de Cela e Pedro Padrón, Rosalía e Concepción Arenal, Curros e Lamas Carvajal pregoaron coa espada e coa pluma, e a do soberano Pondal que trazou con sen igual galanura o noso himno...”
Fragmento do discurso pronunciado por Paco del Riego o 25 de de xullo de 1931 no balcón da casa do concello de Lourenzá