17 MAIO
1963
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Din que non falan as plantas,
nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores,
nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo,
pois sempre cando eu paso,
de min murmuran e exclaman:
- Aí vai a tola soñando
coa eterna primavera da vida e dos campos,
(...)”
En las orillas del Sar (1884)
Rosalía de Castro
(Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885)
Foi unha poeta e novelista galega, considerada como a máis destacada das autoras do Romanticismo do século xix e unha das representantes do Rexurdimento galego. A súa escrita en lingua galega foi un acto revolucionario para a súa época e supuxo un rexurdir para a literatura na nosa lingua. Co seu lirismo directo e persoal e a súa forza simbólica, desenvolveu temáticas coma a reivindicación da cultura popular, o drama da emigración ou os sentimentos da propia autora.
GRANDES ÉXITOS
1863
Cantares gallegos é un poemario publicado en 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel. A data na que se cre que saíu, o 17 de maio, foi o día escollido desde 1963 como Día das Letras Galegas polo seu significado no rexurdimento da literatura galega.
Follas novas é o poemario que continúa en parte o libro anterior, pero tamén presenta un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, polas desgrazas familiares e polas doenzas físicas e morais. Os sentimentos, a saudade e a fronteira do propio ser son temáticas tratadas neste libro.
1880
Outras obras
La flor (1857), La hija del mar (1859) e En las orillas del Sar (1884).
“Para min Rosalía é a figura máis importante da nosa cultura. Nos seus versos latexa o espírito enteiro de Galicia, o seu sufrir e a súa esperanza”, foi por ela polo que decidín comezar a celebrar o Día das Letras Galegas e ao longo da miña vida din moitas conferencias con temática rosaliana.”
Francisco Fernández del Riego