17 MAIO
2009
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“(..) Pra que unha colectividade humá teña a categoría de pobo, pra que teña unha unidade íntima e trascendente, ha de ter unha alma de seu. E un pobo ten alma de seu, cando posee «idioma»”.
“A lingoa, sangue do espirito”, Revista Vieiros (1959)
Ramón Piñeiro
(Láncara, 1915 – Santiago de Compostela, 1990)
Foi un escritor, filósofo, tradutor, político e profesor universitario galego. De mozo estivo vinculado ao galeguismo e nos anos trinta pertenceu ás mocidades do Partido Galeguista. No franquismo estivo en prisión por contactar con outros partidos para volver á democracia. Fundou a Editorial Galaxia, na que traballou como director literario, e foi colaborador habitual de diversos xornais e revistas. Foi tamén membro da Real Academia Galega, promotor da Fundación Penzol e presidente do Consello da Cultura Galega.
GRANDES ÉXITOS
1974
Olladas no futuro (1974), publicado pola Editorial Galaxia, reúne un conxunto de escritos que realizou o autor ao longo de vinte e cinco anos, nos que reflexiona sobre a historia do pensamento en Galicia. Consta de corenta e oito artigos e cartas, algúns deles xa publicados en Grial.
Filosofía da saudade (1984) é un ensaio filosófico no que o autor entronca esta temática como punto de identidade cultural de Galicia. A saudade é un dos temas máis traballados por Ramón Piñeiro nas súas publicacións e artigos.
1984
Outras obras
Castelao artista (1962), Saudade e sociedade, dimensións do home (1975) e Da miña acordanza. Memorias (2002).
“(..) Ramón Piñeiro López, ensaísta lugués é na hora presente un dos máis sólidos prestixios mozos de Galicia. A vella amistade que nos vencella, tenme permitido afondar na raigaña inteleitual do xoven pensador. O seu papel como orentador e descobridor de valores novos no campo da cultura galega de arestora, é tan importante como anónimo.”
“Una entrevista con Ramón Piñeiro” (1955), Galicia Emigrante, núm. 11, Salvador de Lorenzana