17 MAIO

1988

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ramon Otero Pedrayo

“A lembranza dun cadriño de Castelao, ‘Devalando’ no Museu de Pontevedra, foi ordeando as escéas de iste libro. Si algún leitor tivera qu’il pergunte ao camiño que lle pasa pol-a porta... Cecáis lle conte si chegou ou non o netiño da vella ao pazo, si Martiño Dumbría vive nas mesmas horas, si na sementeira caíron nos eidos mangados de fé... Eu prefiro escoitar o silenzo misterioso de outro ano na Galiza.
Terra a Nosa!!
Trasalba, xaneiro do 1935.”

Devalar (1935)

Ramón Otero Pedrayo

(Ourense, 1888 – 1976)

Foi un profesor, escritor, xornalista e político galego. Catedrático de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo Nós e das Irmandades da Fala, participou na coordinación da sección de Xeografía do Seminario de Estudos Galegos. Foi deputado polo Partido Galeguista e membro da Real Academia Galega. A súa obra é unha das máis prolíficas da nosa literatura: cultivou a narrativa, o teatro, o ensaio e a poesía, achegando unha modernización de todos eses xéneros en lingua galega.

GRANDES ÉXITOS

1928

Os camiños da vida

Os camiños da vida (1928) é unha novela publicada en tres partes pola editorial Nós. Nela asistimos á transformación da sociedade galega do século xix, á decadencia da fidalguía, á desamortización e á aparición da burguesía.

Arredor de si (1930) é unha novela de aprendizaxe na que o seu protagonista, Adrián Solovio, amosa as súas inquedanzas existenciais e como evoluciona na súa identidade ata aproximarse ao galeguismo. Publicada pola editorial Nós, supón un reflexo do pensamento renovador da cultura galega do Grupo Nós.

Arredor de si

1930

Outras obras

A lagarada (1929), Devalar (1935) ou Entre a vendima e a castañeira (1957)

“Admiraba moito a Otero Pedrayo humana e literariamente, escribín artigos adicados á súa persoa e publiquei o libro O señor da casa grande da cima da vila. Coñecino nos tempos do Seminario de Estudos Galegos e impresionoume desde o primeiro día, compartín tertulías cafés e comidas e ata fixemos unha peregrinación de Ourense a Santo André de Teixido. Foi un exemplo de dignidade en tempos da ditadura franquista...”

Francisco Fernández del Riego