17 MAIO
1970
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Otilia de Sacti Petri dá a luz, en casa duns labregos, a unha filla de pai ignorado, destinándoa posteriormente á inclusa. Inés, muller de Catián, que asistira o nacemento da neniña, apénase desta e rescátaa da inclusa para levala con eles á aldea.”
Maxina ou a filla espúrea (1880)
Marcial Valladares
(Vilancosta, A Estrada, 1821 – 1903)
Foi un poeta, novelista e lexicógrafo galego. Estudou Dereito e traballou na Administración, pero retirouse aos poucos anos para dedicarse a actividades literarias e xornalísticas. Ten unha obra moi prolífica, foi colaborador de numerosos xornais e publicacións, autor da primeira novela moderna escrita en galego, Maxina ou a filla espúrea, do Diccionario gallego-castellano, de diversos poemas e de varios traballos de recuperación etnográfica coma mostras de folclore, cantigas e receitas populares.
GRANDES ÉXITOS
1880, 1970
Maxina ou a filla espúrea é a obra que lle deparou maior recoñecemento. Ambientada no escenario urbano de Santiago de Compostela, foi publicada en dezaseis entregas na revista La Ilustración Gallega y Asturiana en 1880 e reeditada en 1970 pola Editorial Galaxia.
Diccionario gallego-castellano é o dicionario máis importante do século xix e contén máis de 11.000 vocábulos.
1884
Outras obras
Elementos de gramática gallega e Cantigueiro popular
“Nado no 1821 na Estrada, foi o autor da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, escribindo tamén poemas na nosa lingua como Saudades e Miña aldea, dando a coñecer o Cantigueiro popular, pero por se foran pouco estas referencias é coñecido pola publicación dun Diccionario gallego-castellano e tamén pola súa obra Elementos de gramática gallega.”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego