17 MAIO

2000

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Manuel Murguía

“(...) O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquencendo, o que falan os aldeáns e nos achamos a ponto de n´entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maor da pátrea gallega, nola conservou e conserva coma un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si fose un himno relixioso;”

Discurso de Manuel Murguía. Xogos Florais de Tui (1891),recompilado por Pilar García Negro, Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos – 7

Manuel Murguía

(Arteixo, 1833 – A Coruña, 1923)

Foi un escritor, historiador, investigador, arquivista e dinamizador cultural galego. É unha das figuras principais do Rexionalismo, un dos primeiros en teorizar sobre a galeguidade como feito diferenciador e de Galicia como nación. Autor dunha extensa obra de temática galega, colaborou en diversos xornais e revistas e participou en numerosos actos culturais. Foi membro da Real Academia da Historia e o primeiro presidente da Real Academia Galega.

GRANDES ÉXITOS

1891

Discurso nos Xogos Florais de Tui o 24 de xuño de 1891

Discurso nos Xogos Florais de Tui o 24 de xuño de 1891. A súa lectura constituíu un fito para o noso idioma, xa que foi a primeira vez que se empregou a lingua galega nun discurso público no século xix. O texto publicouse ese mesmo ano na revista La Patria Gallega e supuxo un enorme impulso para a reivindicación do uso da lingua en todos os eidos e rexistros da nosa cultura, así como tamén para unha toma de conciencia da identidade singular do pobo galego. Na presentación deste evento, no Teatro Principal de Tui, Manuel Murguía leu un discurso no que anunciaba “o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia”.

“Os seus esforzos como erudito, como xornalista, como orientador da intelectualidade galega marcan un fito decisivo no proceso de vertebración espiritual do país. Murguía, con todo o seu talento e a súa grande capacidade de acción, está sempre onde está Galicia”.

Francisco Fernández del Riego sobre Manuel Murguía no discurso de entrada na Real Academia Galega (1960)